We've updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Jefes de Julais

by Travesti Afgano

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

  • Record/Vinyl + Digital Album

    Includes unlimited streaming of Jefes de Julais via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 2 days
    edition of 300  26 remaining

      €12 EUR or more 

     

1.
2.
3.
4.
A4- Instro 01:31
5.
6.
7.
8.
9.
10.
B3- Monchito 01:30
11.
12.
13.
14.
15.

about

Primer Lp travelo. Editado por Mama Vynila Records

Ser os Jefes de Julais significa destacar entre o lixo, dirixir un exército de descerebrados, surfear nun mar de merda. Travesti Afgano saíron á superficie para retratar a nosa realidade, dende o detalle pequeno do costumismo (o chulo de praia de “Ciclado”, a clienta pesada de “Argentina”) ata os grandes problemas colectivos da época (“Era Nuclear”, “Puto Internet”, a guerra de sexos en “Sexo Débil”). Como uns líderes militares, fano avanzando firmes e con nervio, sobre ritmos que camiñan coa enerxía mongoloide dun mono con platillos, balanceándose de lado a lado, acumulando riffs e voces (e ata unha trompeta) uns por riba doutros ata construír un sonido máis elaborado do que
parece a primeira vista. Un pilar sólido para chantar enriba o dobre discurso co que nos dirixen aos julais.

En que consiste ese dobre discurso? Ás veces exercen de portavoces e expresan a frustración que os julais poidamos ter, porque as cancións transpiran tensión e mala ostia contra a xente que quere foderte a diario; contra os que non che deixan saír do burato. Pero outras veces son eses auténticos xefes e superan calquera problema atopando solucións a través do humor, os berros, as melodías pop ou as observacións visionarias: “Basta xa de mediocridade / Basta xa de velocidade” é a consigna perfecta para berrarlle a un mundo cargante, banal e difícil de seguir, que recibe o tiro de gracia no peche do disco con “Berlusconi”, un logro da canción protesta que nos arma contra os poderosos reafirmando a xustiza poética da natureza humana e a nosa autonomía dentro da cabeza (“Nunca teredes ningún poder mental”) ata animarnos a queimar centros comerciais. Curiosamente, o atractivo de Travesti lembra ao de Marineda City: escoitalos pode ser tanto un rato disfrutable e cheo de estímulos como unha experiencia abrumadora e densa da que non das atopado a saída. É unha conclusión curiosa e ao mesmo tempo lóxica para un grupo que reflicta o aquí e agora.

credits

released December 1, 2015

Grabado en noviembre del 2014 por Ibán Terraforma en Terraforma Estudios (Hío, Cangas). Artwork de Santi Zubizarreta.
santi-outsidemyhead.blogspot.com.es

license

all rights reserved

tags

about

Travesti Afgano Galicia, Spain

Luismi - Guitarra&Voz
Marky - Bajo
Rafi - Guitarra, Teclas&Voz
Cami - Batería

contact / help

Contact Travesti Afgano

Streaming and
Download help

Shipping and returns

Redeem code

Report this album or account

Travesti Afgano recommends:

If you like Travesti Afgano, you may also like: